''Nais e pais non somos delincuentes'', di a federación de Anpas de Lugo

A Federación Provincial de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos de Lugo (Fapacel) pronunciouse este luns en defensa das nais dos alumnos do IES Vilar Ponte, en Viveiro, e recordou que nin pais nin nais son "delincuentes". As declaracións prodúcense despois de que varias nais fosen denunciadas pola Consellería de Educación con motivo, segundo este colectivo, de estar "nun centro do que forman parte como comunidade educativa".

"A actitude da consellería esta moi lonxe de ser dialogante", engade a Fapacel. Para a federación, a consellería "o único que quere é levar os centros coma se fosen centros da súa propiedade", cando da comunidade educativa forman parte tanto os pais como os profesores, como recorda a entidade.

A Fapacel recorda que as nais e os pais do IES Vilar Ponte só pretenden "unha reclamación de calidade do ensino", que "era o que se tiña neste caso".

Comentarios