En familia: Unha firma que vai pola terceira xeración

Maderas Besteiro investiga a utilidade do eucalipto para a construción

O proxecto pioneiro de I+D+i da empresa lucense, no que colaborou a Pemade da USC e unha firma sueca de supercomputación, é subvencionado pola Comisión Europea
Maderas Besteiro, con 87 años de historia, tiene su sede desde hace 40 en la carretera de Friol
photo_camera Maderas Besteiro, con 87 años de historia, tiene su sede desde hace 40 en la carretera de Friol

A Comisión Europea ha subvencionado con 72.000 euros, con cargo ao programa Fortissimo para favorecer a competitividade das pemes, o proxecto de I+D+i que Maderas Besteiro levou a cabo nos últimos 18 meses para comprobar se é viable o uso de vigas caixón de eucalipto nos forxados de construción. Neste programa que coordina a Universidade de Edimburgo (Escocia), con 26 millóns de euros en axudas, participan 160 socios de 16 países comunitarios, entre centros de supercomputación, distribuidores de novas tecnoloxías e pemes.

Maderas Besteiro contou para levar a cabo este proxecto coa colaboración da Plataforma de Enxeñería da Madeira Estrutural (Pemade) da Universidade de Santiago e a empresa sueca Gompute, que ofrece servizos de computación de alto rendemento.

"A gran produción, a materia prima barata e as súas boas aptitudes constitúen unha ecuación que converte á madeira de eucalipto nun bo valor para utilizala en construción", afirma a coordinadora deste experimento, a arquitecta Elisa Otero.

PASO A PASO. Maderas Besteiro non precisou fabricar diferentes prototipos de vigas caixón ocas para analizar un a un o seu comportamento (peso que soporta, resistencia ao lume, flexión, vibración...) co fin de dar co modelo ideal. Púidoo simular virtualmente mediante competitivos programas de computación de alto rendemento. Isto posibilitoulle axilizar o proceso e aforrar custos.

Este é un proxecto pioneiro porque, segundo destaca a súa coordinadora, "en España ningunha empresa comercializa vigas caixón en eucalipto para construción, nin noutro tipo de madeira". Ademais, son contadas as pemes españolas que recibiron axudas para I+D+i da Comisión Europea, con cargo ao Fortissimo.

Elisa Otero explicou que este experimento tamén permite "probar novos produtos estruturais que a empresa teña interese en desenvolver".

Comentarios