Luís Rial asinará exemplares da súa biografía, que será presentada en Monforte

O libro ‘La Radio de Rial', escrito polo xornalista Javier García Sánchez e que aborda a vida profesional do xornalista radiofónico Luís Rial, presentarase este martes na cidade do Cabe e o propio Rial asinará exemplares da súa biografía.

O acto desenvolverase a partir das 20.30 horas na librería Agrasar, situada na Rúa Cardeal de Monforte. Ademais do protagonista do libro e do seu autor, estará presente un membro de Hércules Edicións, a firma encarga de publicar a obra.

‘La Radio de Rial' conta cun prólogo de Gerardo Fernández Albor, ex presidente da Xunta de Galicia, e revisa os 50 anos de xornalismo radiofónico de Luís Rial. O libro profunda na perspectiva profesional e constata algúns dos maiores logros da súa carreira, pero tamén reserva un espazo para abordar o ámbito persoal do coñecido xornalista.

Comentarios