Luis César: "O Alcorcón estivo máis certeiro"

Luis César, este domingo en el Ángel Carro durante el partido frente al Ucam Murcia
photo_camera Luis César, este domingo en el Ángel Carro durante el partido frente al Ucam Murcia

O adestrador do Lugo, Luis César, valorou o traballo dos xogadores na súa visita a Alcorcón, aínda que recoñeceu que recibiu goles sen que o rival fixese méritos suficientes para a folgada vitoria que conseguiu: "Marcáronnos goles moi básicos, dous a balón parado e outro nun córner que tes ti a favor e encaixas un gol en contra", apuntou o técnico na rolda de prensa posterior ao encontro disputado no campo de Santo Domingo.

Luis César considerou neste sentido que o resultado era "avultado" para os méritos dun e outro conxunto, aínda que matizou que o Alcorcón estivo máis certeiro nas áreas e que nese acerto cimentou a súa vitoria: "Isto vai de goles. En primeiro termo vai de puntería e de precisión, e o Alcorcón meteu tres goles máis que nós", resolveu o adestrador branquivermello.

BALANCE. O preparador do Lugo rehuyó as valoracións máis subxectivas sobre a tempada e limitouse a recordar que "só houbo oito equipos mellores" que o Lugo, aludindo á novena posición coa que pecha a tempada o equipo.

O adestrador tamén destacou a tranquila situación na táboa que tivo o equipo ao longo da campaña. "Non vivimos partidos dramáticos. Queriamos optar a meternos na sexta posición. Estivemos todo o ano mirando cara a esas posicións ata faltando tres xornadas, que perdemos en Huesca. Quedaban dous partidos, gañámoslle ao Levante e viñemos a Alcorcón sabendo que só podiamos ser oitavos. Co triplo empate só podemos ser novenos. A análise é que oito equipos o fixeron mellor que nós e outros o fixeron peor", reiterou Luis César Sampedro durante a súa intervención.

Comentarios