Lugo cumpre corenta días de castigo para a imaxe da cidade

En la Rúa Ángel López Pérez se vivieron momentos de tensión. ep
photo_camera En la Rúa Ángel López Pérez se vivieron momentos de tensión. ep

Os máis de 98.000 habitantes de Lugo contemplan con estupor como, cando se alcanza a ominosa cifra de 40 días, segue sen que ningún protagonista deste inacabable conflito, nin Urbaser, nin persoal, nin goberno local, tome as rendas para resolver un dos máis episodios que máis está a castigar a imaxe exterior da cidade.

A negociación está en vía morta, mentres segue crecendo o custo económico e político desta folga, que será irreparable. O sinsentido no que entrou desde hai semanas está a custarlles diñeiro, primeiro, aos dous contendentes, empresa e traballadores.

A filial de ACS non poderá cobrar integramente o canon que lle paga o Concello de Lugo, uns 600.000 euros mensuais, que ademais lle multou con 30.000 por non prestar adecuadamente o servizo. Tamén ten que rascarse os petos para facer fronte aos emolumentos do persoal que despraza doutras cidades. Esa medida ten un efecto colateral, as sancións como contagotas que lle ten que ir impondo a Inspección Provincial de Traballo por vulnerar o dereito a folga, que poden chegar a ser de ata 180.000 euros. E aínda lle falta a cuantiosa minuta que lle pasará o goberno local por ter que recorrer á empresa pública Tragsa.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios