Lugo, capital do mus

Dúas parellas de Ourense e outra de Vigo clasifícanse para disputar o Master Nacional deste deporte de mesa nun torneo celebrado na cafetería Abrente

O mus cada vez conta con máis seguidores en Galicia. Así o puxo de manifesto a celebración dun torneo galego o pasado 28 de outubro na cafetería Abrente da cidade de Lugo, onde se reuniron numerosas parellas chegadas de toda a comunidade autónoma.

Ao final o triunfo foi para dúas parellas de Ourense e unha de Vigo, que se clasificaron para disputar o Master Nacional deste deporte de mesa.

A intensa xornada, chea de emoción e boas xogadas, prolongouse ata entrada a madrugada.

Comentarios