Lugo autoriza o convenio para prestar o servizo de comedor a 500 escolares

O Concello farase cargou do funcionamento deste servizo, que supón un custo de entre "700.0000 e 800.000 euros"
Un comedor escolar en Lugo
photo_camera Un comedor escolar en Lugo

A xunta de goberno do Concello de Lugo autorizou este mércores a firma do convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para prestar o servizo de comedor escolar nos colexios da cidade, do que se benefician medio milleiro de nenos, durante os próximos tres anos.


O Concello de Lugo, que cifrou o custo deste servizo entre "700.0000 e 800.000 euros", farase cargo do funcionamento dos comedores escolares e de boa parte do financiamento necesario, mentres que a Xunta de Galicia achegará unha axuda de 89.000 euros en tres anualidades.

Dese convenio beneficiaranse os alumnos dos colexios de Albeiros, Anexa, As Mercedes, Illa Verde, Menéndez Pelayo, Luís Pimentel, Rosalía de Castro e Sagrado Corazón.

O portavoz do goberno local, Miguel Fernández, precisou en rolda de prensa que se trata dun servizo educativo de carácter complementario, que destaca pola súa función social, no sentido de que favorece a conciliación da vida laboral e familiar, polo que é moi demandando polas ANPAs".

Comentarios