Lugo animouse a bailar

A Praza do Campo Castelo acolleu a actuación de Cris Vilariño e Davide Salvado na que o folk, baile tradicional e os flocos tiveron o protagonismo dos focos
Uno de los momentos del montaje
photo_camera Uno de los momentos del montaje

Os pés descalzos de Davide Salvado pisaban o chan de Campo Castelo, mentres ao ritmo tocaba a pandereita e puña voz á música folk. O acordeón e a guitarra completan o son do espectáculo Ven bailar á verbena!, que chegou este xoves a Lugo.

Tres bailaríns, Daniel, Cris e Rebeca, vestidos cunha camisa dourada e flocos de cores, cos brazos en cruz, movíanse polo escenario ao son. Todo baixo luces vermellas, azuis e verdes.

As bandeiras de cores daban máis encanto a unha actuación que congregou a nais, pais, nenos e nenas ao redor da praza lucense. Nun segundo plano, sentados nas terrazas, a xente charlaba e comentaba o espectáculo, que xa se ouvía á altura do Concello.

Tras exclamar: "Lugo é o pobo máis grande de Galicia", Davide Salvado continuou o espectáculo pondo a súa voz, que coa guitarra, foron o pano de fondo dun baile de muiñeira entre seis nenas que saíron á praza.

Outro momento a destacar da actuación foi o baile de Daniel en solitario que, cunha camisa de múltiples cores, saíu a gozar das luces que iluminaban un escenario sen tarima, a pé de rúa. Descalzo e con paso firme.

Comentarios