Lucas Pérez: "Se o adestrador quere, estou para xogar ante o Girona"

O dianteiro do Deportivo apadriñou a inauguración da nova sede da Federación Galega de Fútbol
Lucas Pérez
photo_camera Lucas Pérez

O dianteiro do RC Deportivo Lucas Pérez asegurou este venres que estará a disposición do seu adestrador, Pepe Mel, para xogar o partido do luns ante o Girona.

"Se o adestrador quere, estou para xogar ante o Girona", comentou o atacante coruñés, que apadriñou a inauguración da nova sede da Federación Galega de Fútbol.

Lucas tamén se referiu á traxectoria do conxunto coruñés e dixo que os branquiazuis están "a achandar o terreo para seguir nunha liña de crecemento".

Comentarios