Louzán declara polos sobrecustos na reforma do estadio de Pasarón

Louzán, a su llegada a los juzgados (EFE / Salvador Sas)
photo_camera Louzán, a su llegada a los juzgados (EFE / Salvador Sas)

O presidente da Deputación de Pontevedra e do PP provincial, Rafael Louzán, e oito dos membros da xunta de goberno do ente na pasada lexislatura declararon esta mañá ante a Fiscalía de Pontevedra polos sobrecustos nas obras de reforma do estadio de Pasarón.

Os actuais vicepresidentes do ente, Xosé Crespo e Chema Figueroa, a presidenta da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, os alcaldes do Rosal, Cerdedo e Ponteareas e o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, todos eles membros da xunta na parte final da lexislatura, entraron xunto a Louzán no edificio Xudicial da Parda.

As obras do estadio de fútbol de Pasarón licitáronse en 7,2 millóns de euros, pero tras sucesivos modificados acabaron custando ao redor de 18, reflicten os informes precepetivos, non constando reparo suspensivo algún.

Louzán compareceu posteriormente ante os informadores e insistiu en que durante a tramitación do expediente non houbo ningún "reparo suspensivo", nin ningún aviso "de viva voz ou documentalmente" por parte dos técnicos do ente de que algún trámite podería incorrer en prevaricación, o delito que investiga a fiscalía.

O presidente provincial dixo que o fiscal lle preguntou pola "motivación" dos sucesivos reformados e que contestou non ter "capacidade técnica" para facer unha valoración.

Louzán sinalou que tanto o PP como o PSOE aprobaron no pleno provincial e no Concello as sucesivas ampliacións, e sinalou que o informe negativo do Consello Consultivo que cuestionaba a legalidade do principal reformado non era "vinculante" e recibiuse tarde. Respecto dos posibles reparos sen carácter suspensivo, asegurou que puido habelos por pequenos "defectos de forma".

Comentarios