Lou Donaldson será a estrela do Festival de Jazz de Lugo aos seus 88 anos

Lou Donaldson. aep
photo_camera Lou Donaldson. aep

O saxofonista Lou Donaldson será, aos seus 88 anos, a estrela do Festival Internacional de Jazz de Lugo, que se celebrará entre os días 8 e 15 de novembro.

Os promotores do certame explicaron que Lou Donaldson é unha "lenda viva do jazz" e un dos sobreviventes da era dourada deste estilo musical. Compartiu escenarios e gravou discos con figuras da talla de Art Blakey, Thelonious Monk, Jimmy Smith, Wayne Shorter, Ron Carter, Milt Jackson, Grant Green ou Big John Patton.

Nacido en Carolina do Norte en 1926, Lou Donaldson terminou instalándose en Harlem no ano 50, tras a insistencia de músicos como Illinois Jacquet e Dizzy Gillespie.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios