Os veciños temen o peche do ambulatorio de Currelos cando se abra o de Escairón

Os veciños de Currelos (O Saviñao) teñen en marcha unha campaña de recolleita firmas xa que temen que se peche o centro de saúde do pobo que conta cun médico que atende a uns 900 pacientes.

Os residentes cren que coa construción dun novo centro de saúde en Escairón centralizaranse alí os servizos e pecharase o servizo sanitario actual de Currelos. Por esta razón puxéronse en contacto coas diferentes autoridades que, segundo apuntaron, non confirmaron o peche do centro pero que incorreron en diversas contradicións, o que fixo aumentar as sospeitas, e tamén coa Plataforma Sanitaria que lles mostrou todo o seu apoio.

Polo momento a veciñanza está a reunir firmas que achegarán nun escrito para enviarllo á Consellería de Sanidade e dar a coñecer as súas preocupacións.

Comentarios