Os veciños de Vilanova quéixanse porque aínda seguen sen ter a ponte

Os veciños da parroquia de Vilanova, no Corgo, quéixanse de que desde comezos de ano están sen a ponte que pasa sobre o río Tórdea, pois o antigo acueducto veu abaixo no mes de xaneiro por mor dunha gran riada. No entanto, dous meses despois habilitouse unha pasarela provisional que daría servizo aos veciños mentres non se reconstruía a nova ponte, pero logo de seis meses aínda non se iniciaron as obras de rehabilitación.

Os aldeáns aseguran que a situación é insostible. «Temos que pasar enormes traballos para que as vacas atravesen a pasarela que colocaron e moitas veces é imposible porque os coches obstrúen a entrada», asegura unha veciña. Os gandeiros, que foron os principais damnificados neste procedemento, reclaman «que se solucione esto canto antes e constrúan dunha vez a ponte que nos prometeron».

Comentarios