Os veciños de Triacastela poderán ver toda a oferta da TDT

Todos os veciños de Triacastela porán gozar desde hoxe de toda a oferta da Televisión Dixital Terrestre (TDT), tras a posta en funcionamento dos novos múltiplex da TDT no centro emisor de televisión de Triacastela.

Isto beneficiará a practicamente a totalidade dos veciños dos municipios, pois sufrían problemas de sintonización. Os veciños que recibían a TDT desde a zona de Chao do Monte non podían sintonizar a maioría das canles de televisión, o que se vía agravado polas noites. Isto afectaba aos residentes na capitalidade municipal e doutras moitas parroquias do concello. Pola súa banda, as persoas que vivían nas zonas máis altas do municipio e recibían o sinal do emisor do Páramo non tiñan problemas co sinal.

O Concello puxo en coñecemento da Xunta de Galicia o problema para buscar unha solución, afirmou a alcaldesa, Olga Iglesias, quen se mostrou satisfeita de que desde hoxe os veciños poidan sintonizar todas as canles da televisión dixital.

Catro, Canal+ dos, La Sexta 2, La sexta 3, La sexta HD, Boing, Telecinco HD, MTV, La 10, Nitro, Antena 3HD, Marca TV e 13 TV son as canles que se incorporan nesta nova oferta. Unha vez feitos os axustes, os beneficiarios poderán atopar as canles a través dunha procura no receptor da TDT.

Para poder seguir estas canles os interesados deberán dispor de cobertura do centro emisor de Triacastela. No caso das comunidades de veciños, poderá ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade de recepción.

Este novo proxecto forma parte do plan de homoxenización de coberturas da Xunta que acenderá 67 centros emisores con novos múltiplex.

Comentarios