lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Os veciños de San Román ven perigo na greta aberta no monte

La mina, al fondo, está en terrenos de comuneros. (Foto: José Mª Álvez)
La mina, al fondo, está en terrenos de comuneros. (Foto: José Mª Álvez)

Os veciños da parroquia cervense de San Román de Vilastrofe móstranse «moi preocupados» polas consecuencias que poida ter para as persoas a greta detectada na contorna da mina de caolín ao descuberto que explota unha empresa no monte Castelo, cuxa actividade foi paralizada pola Xunta «por crer que non se cumpren as normas de seguridade para os traballadores da mina», explica o presidente da comunidade de montes da parroquia, que é propiedade de preto de trinta hectáreas afectadas pola mina.

A seguridade dos cidadáns é o principal obxectivo da queixa da entidade cervense que, a diferenza do manifestado polo alcalde, Alfonso Villares, si ven unha situación de perigo neste asunto. «Moitos dos veciños de San Román posúen montes a carón da mina e para acceder as súas leiras teñen dereito de paso polas pistas forestais que cruzan a mina; xa que logo, calquera veciño pode pasar polas mesmas e verse afectado por un posible derrubo de material», argumentan co temor engadido de que as intensas choivas das últimas semanas poidan contribuír a que a auga se filtre pola greta e parte do terreo póidase vir abaixo.

Consiga AQUÍ a información completa

Os veciños de San Román ven perigo na greta aberta no monte
comentarios