Os veciños de Baleira presentan 150 alegacións ao plan de urbanismo

Ángel Martínez-Puga. (Foto: AEP)
photo_camera Ángel Martínez-Puga. (Foto: AEP)

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Baleira superou o seu trámite de exposición ao público con ao redor de 150 alegacións presentadas polos veciños. Á marxe destas reclamacións puntuais, o Concello recibiu tamén informes sectoriais de distintas administracións e asociacións implicadas no desenvolvemento do plan de urbanismo.

O pasado día 7 de outubro terminou o prazo de exposición do PXOM e, polo tanto, tamén o de presentación de alegacións. O Concello de Baleira está á espera de recibir as últimas, pois podían rexistrarse en calquera portal da Administración e poden tardar algúns días en ser comunicadas. Ata o momento, contabilizáronse preto de 150.

OPOSICIÓN
O PSOE pide a retirada do plan

O grupo socialista de Baleira presentou alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Considera que ten erros de base e pide a retirada do documento e a redacción doutro novo en consenso cos veciños e todos os grupos políticos con representación municipal. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios