Os veciños comezan a denunciar a presenza de ratas nas casas

Algúns residentes na cidade, logo de 44 días de folga no servizo de limpeza e recollida de lixo na cidade, denuncian que a situación sanitaria no centro urbano empeorou nos últimos días pola proliferación de parasitos, insectos e roedores, ata o punto de que xa se viron ratas en portais próximos aos colectores.

En declaracións a EFE, unha veciña da rúa García Portela, confirmou que onte se atopou cunha "fermosa rata" no portal da súa casa, coa fortuna de que no edifico estaba a traballar un electricista que a matou e tirouna fose" sen que o roedor chegase a ocasionar maiores problemas.

En todo caso, visiblemente molesta, esta veciña queixouse da situación que chegou a provocar na cidade "a acumulación de lixo" logo de tantos días de folga no servizo de limpeza, porque aos malos cheiros e a penosa imaxe que ofrecen as rúas, sumar agora que "as ratas xa chegan ás casas".

Sobre esta posibilidade xa advertía hai días, a Asociación Nacional de Empresas de Control de Pragas (ANECPLA), que avisou sobre "a posible proliferación" na cidade de pragas de ratas, cascudas e outros organismos nocivos para a saúde, como consecuencia dos desperdicios e restos orgánicos acumulados nas rúas.

Nun comunicado, este colectivo avisaba de que todas as pragas son contaminantes potenciais e transmisoras de enfermidades que, en moitos casos, poden chegar a ser de extrema gravidade

Nese sentido, tamén recordaba que os restos acumulados nas rúas supoñen un risco para a poboación, dado que queda exposta á proliferación de pragas e á propagación de certas enfermidades transmitidas por esas especies, que atopan alimento fóra do seu hábitat nos desperdicios que se amontoan nas beirarrúas.

Á presenza de roedores "e parasitos" tamén se refería onte o portavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Jaime Castiñeira, como consecuencia da acumulación nas rúas de materia "orgánica" en estado "de putrefacción".

Comentarios