Os traslados a Lugo para as autopsias lévaos Alianza Viveiro

A empresa Alianza Viveiro Servizos Funerarios, que dirixe Roberto Castelo García, resultou adxudicataria do concurso de traslado de cadáveres na área territorial da costa de Lugo. Trátase dun servizo de carácter xudicial que presta para o Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), con sede en Santiago e centros de traballo nas outras seis grandes cidades da comunidade.

O servizo é necesario para o traslado de todos os cadáveres que precisan da realización dunha autopsia, circunstancia que determina o xulgado. Estes exames anatómicos adoitan facerse por mor dun accidente, por morte súbita ou noutros casos nos que non está clara a causa da morte da persoa afectada.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios