Os traballadores tamén se interesan por salarios e lactación

Os traballadores por conta allea tamén se están achegando estes días ás asesorías e ás oficinas dos sindicatos para coñecer como lle pode afectar a reforma. Unha das novidades que introduce é a flexibilidade das condicións laborais. «Preocúpalles que a empresa unilateralmente pódelles reducir a xornada laboral», afirmou Isabel Carregal.

Esta medida pódese tomar de forma temporal por causas económicas para axustar os custos laborais á apurada situación económica pola que estea a atravesar a empresa, o que supón un recorte no salario.

Os traballadores que perciban soldos por encima dos mínimos de convenio da súa categoría poderán velos rebaixados se a empresa alega, por exemplo, razóns de competitividade ou de produtividade.

Tamén se incentiva combinar o traballo a tempo parcial con facer horas extras, o que antes non se permitía. Preténdese así recorrer a unha práctica estendida no norte de Europa, onde en estados como Reino Unido ou Suecia a taxa de contratados en xornadas non completas duplica á de España.

Lactación

Tamén hai asalariados, segundo indicou a asesora de Labora Costas, que se interesan polas novas condicións que se estableceron para a lactación. Antes podíana compartir o pai e a nai, agora só un dos dous. Antes podían gozar de media hora diaria ou acumulala en varios días, agora non se pode agrupar se non lle establece o convencio colectivo.

Comentarios