Os traballadores da mina de caolín de Cervo esperan que abra en 15 días

Mina de caolín, en Cervo. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Mina de caolín, en Cervo. (Foto: José Mª Álvez)

O presidente do comité de empresa de Área Mineira do Atlántica S.L. (antiga Ecesa), José Manín, mostrouse onte optimista sobre os prazos de apertura da mina de caolín de San Román, en Cervo tras o encontro que mantivo, xunto ao delegado de prevención da firma e membro tamén do comité Juan Carlos Valle, co xefe territorial de Industria en Lugo, José Manuel Vázquez Leirado. «En menos de quince días pode estar aberta», dixo.

As previsións que manexa o comité fanse tendo en conta que o agora administrador da firma -a empresa está en concurso de acredores solicitado por un acredor e ocúpase da administración Dictum Estudo Xurídico e Económico de Lugo- asegurou no transcurso da reunión con Industria que a próxima semana presentarían ante a consellería toda a documentación que esta lle reclama para recuperar a actividade na explotación.

ACTIVIDADE
O peche obriga a atrasar algúns pedidos

José Manín explicou onte que o peche da mina cervense obrigará a renegociar pedidos, posto que os dous barcos que se prevía cargar este mes debían ser co caolín proveniente da explotación de San Román debido ás súas características especiais que o fan apto para elaborar papel ou fibra de vidro. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios