Os socialistas do Saviñao apoiarán a liña que marque Gómez Besteiro

A agrupación socialista do Saviñao decidiu, de cara ao próximo congreso galego, apoiar a liña que marque «o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, de cara á elección do novo secretario xeral e como xeito de fortalecer o seu papel dentro do partido a nivel provincial e galego».

Responsables desta agrupación indicaron que a pesar de ter «unha posición crítica coa xestión do actual secretario xeral» votarán a favor da súa xestión como, engadiron, «un apoio explícito a súa defensa dos estatutos do PSOE nun tema tan importante como é un compañeiro, un cargo de representación».

Comentarios