Os sistemas de seguridade no tendido evitaron danos maiores pola tormenta

Rayo caído sobre la costa de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Rayo caído sobre la costa de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ

A intensa tormenta do martes deixou continuos cortes de luz en distintos puntos da comarca. Os municipios de Ribadeo e Barreiros foron os que sufriron as maiores faltas de subministración e durante máis tempo, pero a intensa actividade eléctrica que se produciu por toda a comarca ocasionou continuos cortes de escasos minutos en todos os municipios. Desde Begasa explicaron onte que, a pesar da intensidade da tormenta, non se produciron avarías graves na rede eléctrica porque os sistemas de seguridade funcionaron correctamente. "Cando os raios caen sobre o tendido, automaticamente córtase a subministración por seguridade, porque senón produciríase un incendio", aseguraron desde a compañía, á vez que recalcaron a ausencia de incidencias graves.

"Unha sucesión tan grande de raios provoca a sensación dun corte continuado, porque os cortes de seguridade son moi seguidos, pero cando a tormenta se retirou a subministración restableceuse sen problemas", matizan. De todos os xeitos, tamén puntualizan que as brigadas permaneceron todo o día en alerta "controlando todas as incidencias".

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios