Os sindicatos denuncian o peche de toda unha planta do hospital no verán

Representantes de varios de los sindicatos convocantes de la protesta. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Representantes de varios de los sindicatos convocantes de la protesta. (Foto: José Mª Álvez)

Os sindicatos con representación no Hospital da Costa denuncian o peche de toda unha planta durante o verán, unha situación que creen podería carrexar «graves consecuencias» para os pacientes, que se desviarían a Lugo, en caso de saturación. Unha circunstancia que non se producía en anos anteriores aínda que o número de camas pechadas era similar, 30, pero se repartían en dúas plantas, polo que «podía habilitarse unha habitación en caso de emerxencia co mesmo persoal».

O peche da planta de especialidades implica ademais unha reestruturación dos traballadores, «que pasaría a cubrir vacacións, co que non se contrataría a xente no verán, o que implica máis desemprego», segundo os sindicatos, para quen a resposta do Sergas «de que se vai aproveitar para facer obras» non se sostén.

APOIOS
PSOE e BNG asistirán á concentración

A concentración ten o apoio de PSOE e BNG, que coinciden á hora de denunciar a «degradación» da sanidade na comarca e a dependencia de Lugo para as decisións importantes. Os dous partidos contarán con representantes na protesta. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios