Os ribadenses gozan dun novo pavillón con rocódromo e 500 prazas

Alumnos de las escuelas deportivas ribadenses, en el nuevo pabellón. (Foto: Antonio López)
photo_camera Alumnos de las escuelas deportivas ribadenses, en el nuevo pabellón. (Foto: Antonio López)

Máis de medio milleiro de ribadenses, principalmente nenos, encheron onte as bancadas do novo polideportivo que inauguraron o vicepresidente provincial, o nacionalista Antonio Veiga, e o alcalde, do mesmo partido, Fernando Suárez. O titular da Deputación recordou a necesidade que a localidade tiña deste novo espazo, «dadas as deficiencias que presentaba o edificio anterior, que imposibilitaban calquera práctica deportiva no seu interior». O novo pavillón é máis moderno e máis amplo, xa que pasou dun aforamento de 360 prazas a outro de 500. A iso súmase unha urbanización exterior que inclúe 40 prazas de aparcadoiro e ata un rocódromo para iniciados.

Nos traballos de rehabilitación só se conservaron os vestiarios, porque facía relativamente pouco tempo que foran construídos. Ademais de dispor de varios accesos, saídas de urxencias, sala de enfermería e ascensores, os arquitectos fixeron posible que a instalación vaia ter «unha grande vida e cotidianeidade grazas a que dentro hai unha sala de xuntanzas e unha serie de despachos para o uso municipal e para empregar polos clubs e asociacións deportivas de Ribadeo».

AXUSTES. Dúas empresas concluírono sen variar o orzamento

  • A pesar de que a ansiada obra do pavillón pasou pola dificultade de ter que rescindir o contrato á adxudicataria anterior por incumprir os prazos e logo, crebar, mantívose o orzamento inicial, como indican os arquitectos: «Non houbo desviación económica desde o orzamento inicial, algo que é difícil de lograr», confirma Consuelo Fernández.
VANTAXES
Os arquitectos de Mondoñedo e o aparellador de Ribadeo vixiaron a obra a diario

Os arquitectos María Consuelo Fernández Reigosa e Manuel Ramón García Martínez. que deseñaron o proxecto orixinal, son mindonienses. O aparellador José María Álvarez Martínez, aínda que de orixe asturiana, está fincado en Ribadeo e o coordinador de seguridade e saúde do proxecto foi o ribadense Ernesto Cruzado: «Este feito significou -afirma a arquitecta- que puidemos facer un seguemento moi de cerca, case a diario da actuación, algo case imposible en moitos encargos que requiren maiores desprazamentos. Ademais xera unha vinculación especial de responsabilidade moral cos teus propios veciños», recoñecen. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios