Os Reis Magos non poderán chegar este ano a Rábade en tren polos novos horarios

Os Reis Magos  non poderán chegar este ano a Rábade en tren. O problema que obrigou ao Concello a alterar a tradición de todos os anos foi o cambio dos horarios do ferrocarril, xa que á hora na que habitualmente se celebraba a recepción non pasa ningún tren.

En calquera caso, os nenos de Rábade non se van a perder a visita dos Magos de Oriente, que acudirán puntuais á súa cita cos máis pequenos do municipio.

Segundo as previsións iniciais da área de cultura e espectáculos do Concello rabadense, chegarán o sábado, día 5, á Praza 28 de Maio. A súa chegada está prevista para as sete e media da tarde.

Tras a recepción oficial no Concello, á que está prevista a asistencia da maioría dos membros da corporación municipal, os Magos de Oriente trasladaranse á igrexa, sobre as oito, onde repartirán agasallos.

Comentarios