Os premios do Manuel Oreste Rodríguez vanse para Xerez e Miami

José Antonio Repeto González, de Jerez de la Frontera (Cádiz), e Erick Hernández Morá, con nacionalidade cubana e residente en Miami, proclamáronse gañadores da decima sétima edición do certame literario Manuel Oreste Rodríguez López nas modalidades de poesía e narrativa, respectivamente.

O concurso, convocado polo Concello de Paradela, está dotado con 600 euros en cada unha das categorías e a publicación das obras premiadas.

O xurado reuniuse este venres para fallar o premio entre as 958 obras que concorreron. Nesta edición se quintuplicaron os traballos presentados con respecto a anos anteriores, “un feito histórico, pero seguramente tamén unha das participacións máis altas de cantos certames se organizan no país”.

Comentarios