sábado. 29.01.2022 |
El tiempo
sábado. 29.01.2022
El tiempo

Os precandidatos do PSdeG en Lugo buscan o aval do 3% da militancia

José María Arias, Patricia Otero y Álvaro Santos
José María Arias, Patricia Otero y Álvaro Santos
O prazo termina o vindeiro luns e non parece que Arias, Otero e Santos vaian ter problemas para logralo

Finalizado o prazo de presentación de precandidaturas, os tres aspirantes a dirixir o PSdeG en Lugo iniciaron xa a súa campaña cun primeiro obxectivo a cumprir neste proceso de primarias, que é a presentación dos avais necesarios para constituír formalmente a súa candidatura, dado que o prazo termina dentro dunha semana, o 20 de novembro -ás 12:00 horas-.

En principio, non parece que ningún dos tres aspirantes vaia ter demasiados problemas para reunir os apoios necesarios, dado que só precisan para formalizar a súa candidatura o respaldo de algo máis de 60 afiliados, ou o que é o mesmo, un 3% da militancia do PSdeG na provincia de Lugo, que rolda as 2.500 persoas.

A este proceso de primarias presentáronse tres candidatos, dous deles son o portavoz do goberno provincial, Álvaro Santos, que conta co apoio expreso do presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, e que no partido sitúan na órbita do chamado besteirismo; e o alcalde de Castroverde, José María Arias, vinculado aos críticos coa xestión da anterior directiva.

A terceira e última en sumarse a este proceso foi a tenente alcalde de Burela, Patricia Otero, cuxa candidatura foi promovida por aqueles militantes da provincia de Lugo que máis decididamente apoiaron a candidatura de Gonzalo Caballero, polo que no partido dáse por feito que conta co aval do secretario xeral. 

As primarias celebraranse o día 3 de decembro e o congreso para elixir á nova directiva será o 22 do mesmo mes. O PSdeG de Lugo leva máis de dous anos gobernado por unha xestora, despois de que o anterior responsable provincial, Juan Carlos González Santín, presentase a súa dimisión por desavinzas co entón secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro. 

Os precandidatos do PSdeG en Lugo buscan o aval do 3% da militancia
comentarios