Os 'peques' despiden o San Xoán

Exhibición de baile de alumnos del Ceip Lagostelle de Guitiriz. (Foto: C.Pérez)
photo_camera Exhibición de baile de alumnos del Ceip Lagostelle de Guitiriz. (Foto: C.Pérez)

Os nenos foron os auténticos protagonistas da última xornada das patronais de San Xoán de Guitiriz, cunha festa infantil ideada por e para eles que a recado serviu para sacar a espiniña da pasada edición das festas, cando esta cita se suspendeu sen previo aviso.

Decenas de menores de todas as idades, liberados xa da rutina escolar, pasaron a tarde saltando e xogando nos diversos inchables habilitados xunto ao Campo da Feira. Un partido de hockey herba, diversos xogos co paracaídas multicolor ou globos con mil e unha formas -as flores bicolor causaron sensación- completaron esta cita reservada para os pequenos, da que tamén foron partícipes os papás e as mamás.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios