Os pais solicitan ao Concello bolsas de comedor no Ceip Cervo

Padres e hijos, en la comida en la rectoral cervense. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Padres e hijos, en la comida en la rectoral cervense. (Foto: José Mª Álvez)

Os pais e nais de alumnos do Ceip Cervo afectados pola implantación do decreto de comedores reclaman ao Concello que o diñeiro que está disposto a investir para subvencionar o transporte ao mediodía dos nenos que non quedan a xantar reinvístase en bolsas de comedor. Unha opción, que ademais de resultar «máis económica» sería tamén a máis válida, pois «beneficiaría a todos os nenos, que poderían facer uso do comedor e do tempo de lecer que teñen e do descanso do mediodía», din.

O colectivo calcula en 1.750 euros o custo mensual «do menú de todos os escolares censados no concello, non só dos transportados» mentres que cifra en 1.800 euros o custo por ruta, que debe incluír unha coidadora, polo que se se poñen tres, o mesmo número das que achegan aos escolares a clase pola mañá, o custo sería superior aos 5.000 euros. «E para nós, como veciños, non é o mesmo que a Administración invirta uns cartos que outros», advirten.

PROTESTA
A CIG insta os centros de ensino a mostrar o seu rexeitamento á Lomce

A CIG Ensino insta os centros de ensino da comarca a mostrar o seu rexeitamento á nova lei de educación, Lomce, durante o día de hoxe coincidindo coa súa aprobación no Congreso. O chamamento tamén é da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

PROGRAMA. Tres colexios participarán este curso na iniciativa Voluntariado de Lectura-A

  • Tres colexios da comarca -Fondo Nois de Foz, Gregorio Sanz de Ribadeo e o Ceip Plurilingüe de Covas en Viveiro- participarán este curso na nova iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Voluntariado de Lectura-A. Este novo programa busca recoñecer e impulsar as actitudes de colaboración e solidariedade entre o alumnado galego a través das bibliotecas escolares. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios