Os nenos de Ourol van a clase tras un acordo con Educación

Obras en el colegio Vista Alegre de Burela. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Obras en el colegio Vista Alegre de Burela. Foto: JOSÉ Mª ÁLVEZ

Hai fumata branca», dicía un dos pais de alumnos do colexio de Ourol á saída da reunión que mantiveron onte pola mañá coa xefa territorial de Educación, Mariña Gueimunde, e o inspector de zona. O encontro foi longo -máis de hora e media- pero frutífero, xa que ambas as partes deixaron atrás as tensións e chegaron a un acordo do que os que saen vitoriosos son os nenos, que hoxe van por primeira vez a clase neste curso.

Os pais non conseguiron o seu

[...]


A Uned sénior presenta a súa oferta en Viveiro para o segundo cuadrimestre

A coordinadora da aula da Uned en Viveiro, Milagrosa Ferrera López, explicou onte no salón de actos de Afundación -antiga Caixa Galicia- a oferta educativa do centro para as persoas sénior, é dicir, os maiores de 55 anos de idade. Os interesados xa só poderán acceder a estes estudos no segundo cuadrimestre do ano, posto que o prazo para inscribirse no primeiro xa finalizou. [...]

O PSOE leva ao Parlamento o conflito do IES Alfoz-Valadouro

Varios representantes do PSOE concentráronse onte diante do IES Alfoz-Valadouro para protestar polas medidas que tomou a Consellería de Educación que afectan a este centro e ao colexio de Ourol. Os socialistas aseguraron que pedirán no Parlamento que o executivo «se deixe de tanta crueldade e hipocrisía» e que repare «a agonía» en ambos os casos.

Cervo destina 3.000 euros para custear o transporte de mozos que estudan fóra

O Concello de Cervo subvenciona o transporte dos mozos que deben desprazarse fóra para estudar. En concreto, o Concello prevé destinar unha partida de preto de 3.000 euros para estas axudas, polas que cada alumno recibirá un máximo de 200 euros.

 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios