Os mindonienses reviven o primeiro Día do Árbol de España, celebrado en 1569

Os nenos serán os protagonistas o vindeiro sábado das actividades promovidas pola asociación cultural O Pasatempo para conmemorar o Día do Árbol. Unha cita que en Mondoñedo ten un significado especial, xa que foi a primeira localidade de España en celebrar unha festa destas características alá polo ano 1569 mentres gobernaba o rexedor Luís de Luaces.

Recuperar estas efemérides foi un dos obxectivos da entidade mindoniense o pasado ano e este volve retomala coa idea de que se manteña fixa no calendario. Os nenos son os protagonistas de todos os actos que se realizan, en colaboración co técnico municipal de deportes, Raúl González-Redondo, e que incluirán xogos populares e talleres de globoflexia e maquillaxe, ademais dunha carreira popular.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios