Os médicos do hospital alertan da elevada lista de espera en resonancias

Zona del aparcamiento del hospital, donde se coloca el camión de las resonancias. (Foto: José Mª Álvez)
photo_camera Zona del aparcamiento del hospital, donde se coloca el camión de las resonancias. (Foto: José Mª Álvez)

Os médicos do Hospital da Costa volveron onte a denunciar as carencias que presenta o centro. Nesta ocasión, alertaron da elevada lista de espera para realizar unha resonancia magnética, pola que están a esperar preto de 1.000 pacientes. Esta situación supón que os enfermos tardan máis de sete meses en facerse a proba. «Na actualidade é a estrutura organizativa da xestión integrada de Lugo quen paga ao camión da empresa privada coa que se ten concertada a resonancia», indican os médicos, «xa temos comentado que, cando o pago realizábase dende Burela, dito camión adoitaba vir tres semanas ao mes e dende que o paga Lugo, houbo varios meses nos que unicamente veu unha semana ao mes».

Os facultativos recordan que esta proba diagnóstica é unha ferramenta «absolutamente necesaria» para o exercicio do seu labor diario, «polo que o atraso na súa realización é totalmente inadmisible». Segundo explican, da súa realización dependen desde o achado de problemas tumorais ata a avaliación temperá de enfermos que están de baixa laboral pasando por innumerables actuacións terapéuticas. «A rápida realización de resonancias conduce sempre ao aforro de medios económicos, tan escasos na actualidae, así como á lóxica mellora na calidade de vida dos pacientes», afirman.

VALORACIÓN
O PSOE cualifica os anuncios do PP de cortina «de fume»

A coordinadora comarcal do PSOE, Mayra García, considera que o anuncio do deputado popular, José Manuel Balseiro acerca de que o Sergas está a dar pasos para dotar ao hospital do servizo de Oncoloxía é «unha cortina de fume máis». 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios