domingo. 16.05.2021 |
El tiempo
domingo. 16.05.2021
El tiempo

Os hostaleiros lucenses, indignados ao non promocionarse a súa gastronomía na Volta

Promoción de la gastronomía lucense en una edición anterior de La Vuelta
Promoción de la gastronomía lucense en una edición anterior de La Vuelta
Consideran "absurdo" que desde a Axencia Galega de Turismo aleguen que este ano non hai etapas na comunidade para non promocionarse

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL), Cheché Real, indicou este venres que o seu colectivo non participará finalmente na próxima edición da Volta a España, que comeza o próximo 19 de agosto, o que considerou "unha pena". "Definitivamente non imos ir. É unha pena -continúa-, pero como a Axencia de Turismo de Galicia non vai, nós tampouco", indicou o responsable dos hostaleiros.

A directiva da APEHL intentou contactar "in extremis" coa Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, pero "xa foi tarde". O colectivo que agrupa aos hostaleiros lucenses levaba ata o momento cinco anos ininterrompidos colaborando coa organización da Volta para promocionar os seus produtos gastronómicos."Tiñamos todo o traballo adiantado doutras edicións e toda a infraestrutura montada", recordou o presidente da asociación.

Segundo Real, o motivo que esgrimiron desde Turismo foi "que este ano non hai ningunha etapa en Galicia, pero iso é absurdo". "É unha bobada promocionar a Tenreira Galega ou a Castaña de Galicia aquí; onde hai que facelo é fóra da nosa comunidade", sentenciou.

Con respecto a futuras edicións, o presidente dos hostaleiros lucenses mostrouse optimista: "Espero que o próximo ano se retome, pois a promoción que facemos é básica para o turismo da provincia e de Galicia", sinalou Real.

Os hostaleiros lucenses, indignados ao non promocionarse a súa...
comentarios