Vándalos danan o busto de Concepción Arenal da Praza da Constitución

O busto dedicado á escritora apareceu tirado no chan dos Xardíns García Morato e deberá ser restaurado
Busto de Concepción Arenal
photo_camera Busto de Concepción Arenal

Os vándalos volveron atentar contra outro elemento escultórico da cidade e se en decembro pasado a estatua a San Vicente da Praza do Campo era arroxada desde o seu pedestal á fonte, causándolle serios danos, este mércores pola mañá aparecía tirada no chan dos Xardíns García Morato, na Praza da Constitución, o busto que recorda á escritora galega Concepción Arenal.

A escultura, que sufriu danos no rostro, foi trasladada por operarios municipais ata o Museo Interactivo da Historia de Lugo, onde permanecerá ata que os técnicos avalíen os danos e se tome unha decisión sobre a súa restauración e reposición na pilastra, segundo indicaron desde o Concello.


►Máis información, na edición impresa deste xoves de El Progreso◄

Comentarios