Os galegos podemos cambiar as leis vía web

A páxina web do Parlamento de Galicia ofrece actualmente a posibilidade de que calquera cidadán poida achegar comentarios ou suxestións ao contido de sete proxectos lexislativos que se atopan en tramitación.
 
A Cámara informou de que os proxectos lexislativos se poden consultar no apartado de participación da Web, e os comentarios recibidos, unha vez revisados, son publicados na propia páxina e remitidos aos servizos xurídicos que, á súa vez, os trasladan aos integrantes de cada un dos relatorios encargados da elaboración de cada lei.
 
Todos os comentarios son publicados, excepto os de carácter ofensivo ou os que sexan enviados sen remitente.
 
Na actualidade, a Web da Cámara ofrece a posibilidade de opinar sobre os proxectos de lei de vivenda, mocidade, montes, bibliotecas, Instituo Galego de Promoción Económica e Finanzas; de montes veciñais en man común e unha iniciativa lexislativa popular para a área metropolitana de Vigo.
 
A presidenta da Cámara, Pilar Rojo, anima aos cidadáns a empregar esta posibilidade da web de consultar os contidos dos proxectos e a enviar propostas ou opinións. 

Comentarios