Os escolares conmemoran o Día da Paz con festivais e concentracións contra a violencia

Varios momentos de la jornada (Fotos: Toño Parga)
photo_camera Varios momentos de la jornada (Fotos: Toño Parga)

Os centros escolares están inmersos desde fai unhas xornadas na celebración do Día da Non Violencia e da Paz, coñecido xa polo acrónimo Denyp. O termo foi establecido de forma non gobernamental en 1964 polo poeta e pacifista mallorquino Llorenç Vidal en recordo da morte de Mahatma Gandhi. Desde entón, sumáronse á conmemoración todo tipo de comunidades escolares. Dúas delas, que onte o puxeron de manifesto, foron as dos colexios Pais Escolapios e Ferroviario.

Cara ao exterior, un dos actos máis rechamantes realizouse pola mañá na chaira da Compañía, diante do colexio dos Escolapios. Como é habitual desde fai polo menos unha quincena de anos, profesores e alumnos concéntranse para dar un berro contra a violencia e en favor da paz mundial. Fixérono logo de varias representacións e tras unirse para configurar a imaxe dun corazón.

OS ACTOS
As condicións climáticas axudaron

Os actos organizados polo colexio dos Pais Escolapios foron moi seguidos polo público grazas a que as condicións climáticas deron un respiro. Ata o último momento, esperouse a ver se chovía ou non para celebrar a concentración na chaira da Compañía.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios