Os deputados e os senadores teñen de prazo ata o día 22 para solicitar un referendo

Unha vez que o Senado culminou este mércores a tramitación parlamentaria da reforma da Constitución, os deputados e senadores terán de prazo ata o próximo 22 de setembro para pedir un referendo, que só se convocaría se así o solicitasen 35 membros da Cámara Baixa ou 26 da Alta.

Segundo recolle o propio texto constitucional, o procedemento seguido para incluír a modificación que fixará o límite de déficit das administracións públicas, abre a posibilidade dun referendo.

O artigo 167 da Constitución regula que, aprobada a reforma polas Cortes Xerais, será sometida a referendo para a súa ratificación se así o solicitan, dentro dos quince días seguintes á súa aprobación, unha décima parte dos membros de calquera das Cámaras.

é dicir, que ata o día 22 de setembro poderá solicitarse a celebración da consulta, que levaría a cabo se o pide a décima parte dos 350 deputados (35) ou dos 261 senadores (26).

Unhas cifras que os representantes dos grupos parlamentarios vaticinan que non se van a conseguir.

Comentarios