Os despezamentos, un sector con arraigamento, inmerso na crise

Un trabajador, en un desguace de Terra Chá (Foto: A Chaira)
photo_camera Un trabajador, en un desguace de Terra Chá (Foto: A Chaira)

Cunha baixada considerable na venda de vehículos, propiciada en gran medida pola perentoria crise económica que arrasa ao sector, e cun parque automobilístico cada vez máis envellecido, os despezamentos preséntanse ante os ollos da xente como un negocio próspero e en ebulición. Nada máis lonxe da realidade.

Tal e como testemuñan algúns dos empresarios do sector, que teñen emprazados os seus despezamentos en distintas localidades das comarcas de Terra Chá, Meira e As Pontes, a crise supuxo un problema engadido, ao que ademais se sumaron outros factores negativos, como os roubos, que tamén se incrementaron nos últimos anos.

A pesar diso, a gran maioría de despezamentos capearon a crise con solvencia e mantiveron activo o negocio, que en moitos casos suma varias décadas de existencia, e que foi pasando de xeración en xeración, como calquera outra empresa de carácter familiar.

CONTRATEMPOS
Nos últimos anos aumentou o número de roubos

A crise económica que azouta de xeito importante á gran maioría dos sectores cebouse tamén cos despezamentos que, ademais, teñen que facer fronte a perdas motivadas polo incremento no número de roubos nos últimos anos nas súas instalacións. Cobre, tubos metálicos e outras pezas de maior ou menor valor están no punto de mira dos ladróns. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios