Os construtores cualifican o PXOM de Monforte de ''desastre total''

Zona de la Rúa Cardenal y A Compañía vista desde el monte San Vicente do Pino (Foto: Toño Parga)
photo_camera Zona de la Rúa Cardenal y A Compañía vista desde el monte San Vicente do Pino (Foto: Toño Parga)

O responsable da Asociación Provincial de Empresarios da Construción de Lugo na comarca de Lemos, Jesús Berao, non dubidou nin un momento en cualificar de desastre «total» o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) aprobado inicialmente polo pleno da corporación, pois cre que é «un desastre» desde o punto de vista urbanístico e «inviable» para un sector que atravesa un moi mal momento debido á crise económica.

Berao indicou que os construtores apenas teñen traballo, pero coa suspensión de licenzas durante dous anos terán moito menos. Ademais, queixouse de que calquera actuación en chan urbano consolidado deberá adaptarse ao PXOM, «que recolle un drástico recorte de alturas e fondo en novas vivendas». Así, puxo como exemplo a Rúa Celso Emilio Ferreiro, onde antes deixaban levantar casas de catro pisos e ático cunha profundidade de 20 metros e agora soamente permítense tres alturas e un fondo de 14 metros.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios