Os concellos optan a catro novos plans da Xunta na loita contra o lume

Un momento de la reunión de ayer (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Un momento de la reunión de ayer (Foto: Xesús Ponte)

A Xunta de Galicia reforzou o seu apoio aos concellos na loita contra o lume con catro novas liñas de colaboración, co fin de incidir na prevención dos incendios e mellorar a extinción. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, presentou onte esas novidades a alcaldes e cargos municipais dos 18 concellos do distrito forestal da zona centro, que inclúe as comarcas de Lugo e Sarria.

Arias destacou o novo modelo de brigadas complementarias, que, segundo resaltou, permitirá aos concellos contratar entre catro e seis operarios no verán. Na reunión, incidiu na importancia de que os municipios se adscriban a ese convenio «demostrando o seu compromiso na loita contra un mal que afecta a todos e é responsabilidade de todos».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios