Os comerciantes móstranse "satisfeitos" co final da tractorada

O presidente do centro comercial aberto de Lugo -Lugocentrum-, José Luís Pérez, expresou a satisfacción deste colectivo polo anuncio de que Agromuralla levantará a partir deste venres a tractorada que comezou o pasado 10 de decembro en pleno centro da cidade, aínda que tamén expresou o seu desexo de que os gandeiros "solucionen os seus problemas".

"Logo de trinta e tantos días de discusións e diferenzas de opinión, por suposto que estamos moi satisfeitos", dixo o presidente de Lugocentrum, co final da tractorada.

Na mesma liña, expresou a Efe o seu desexo de que isto non se repita" e de que "non volva pasar o mesmo".

En todo caso, en ton conciliador, tamén desexou que os gandeiros "solucionen os seus problemas", porque "aquí do que se trata é de que eles solucionen os seus problemas e nós tamén os nosos, porque todo iso redundará no ben da provincia".

"En nome da asociación á que represento, se isto confírmase, totalmente satisfeitos", concluíu. 

Comentarios