Os cines Centro de Lugo suman ópera e ballet á súa carteleira

A proxección de Macbeth' ‘-o vindeiro martes, 3 de abril, ás 20.00 horas- desde a Royal Opera House de Londres abrirá unha nova etapa nos multicines Centro de Lugo coa programación de ópera e ballet na súa carteleira.

‘Macbeth' é unha ópera en catro actos e dez cadros con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Francesco Maria Piave e Andrea Maffei, estreada no Teatro della Pergola de Florencia o 14 de marzo de 1847.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios