Os cazadores piden a creación de pasos para a fauna na A-8

Talud de la A-8 a su paso por Ribadeo, que sufre frecuentes derrumbes. (Foto: Álvez / AMA)
photo_camera Talud de la A-8 a su paso por Ribadeo, que sufre frecuentes derrumbes. (Foto: Álvez / AMA)

Os 30 accidentes de tráfico que causan, de media, cada ano, os xabarís e outros animais ao saír á Autovía do Cantábrico (A-8) ao seu paso pola localidade ribadense, débense, en boa medida, a que «cando se inaugurou o tramo, non se fixeron os pasos de fauna que tiña que haber», como remarca Luís Jartín, o presidente da sociedade de caza ribadense. Estes cazadores abonan as indemnizacións por este tipo de sinistros, xa que a infraestrutura atravesa o seu tecor, pero «este problema solucionaríase cunha obra simple e barata por parte de Fomento de habilitar un par de falsos túneis».

Jartín pon o exemplo do viaduto para a fauna que hai na parroquia da Devesa: «Esa simple obra permite que os animais pasen por debaixo da estrada que sobe a Noceda», sinala.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios