Os bombeiros apagaron o lume que calcinou un alpendre en Alfoz e o dunha leira en Nois

Tres efectivos do parque de bombeiros de Barreiros, a bordo de dous camións motobomba, acudiron, a madrugada do sábado ao domingo á localidade de Alfoz para sufocar, durante seis horas, o incendio que arrasou un alpendre no que había maquinaria agrícola.

Ademais, ao mediodía de onte, outros catro membros desta base, con dous camións, apagaron as chamas que se produciron nunha leira contigua á igrexa de Nois e que foron provocadas por unhas bombas de palenque.

Os bombeiros especificaron que o operativo despregado debeuse á proximidade con vivendas e cun edificio público, pero que en realidade, o lume apenas chegou a queimar unha pequena superficie de monte raso.

En Ribadeo produciuse outro pequeno incendio polo que tamén quedou arrasado a matogueira situada nas inmediacións do aparcadoiro municipal. Efectivos dos grupos de intervención rápida achegáronse ao lugar para sufocalo, aínda que a operación apenas durou uns minutos.

Comentarios