As probas de acceso á universidade, popularmente coñecidas como selectividade, arrincaron onte no instituto Vilar Ponte de Viveiro con total normalidade para 202 estudantes, que sufriron os habituais nervios iniciais, debido á incerteza dos temas que lles tocarían durante a xornada.
Os estudantes saíron, polo xeral, satisfeitos e incluso esperaban que as probas fosen máis difíciles. «Cando vin ou exame quitáronseme vos nervios», manifestaba Daniel Rejes do IES de Foz. O seu compañeiro Jacobo Maseda cre que «sen estudar moito podías aprobar». Isabel Pereira do instituto de Ortigueira recoñecía que