Os alcaldes en contra do canon de Sogama reuniranse coa Fegamp

Unha comisión de alcaldes galegos que representa ao movemento municipalista contra a subida do canon de Sogama, reuniuse cos dirixentes da Fegamp (Federación Galega de Municipios e Provincias) para buscar unha solución ao problema que mantén aos rexedores de case un centenar de concello de Galicia enfrontados coa Xunta polas taxas do servizo de xestión de residuos.

A reunión celebrarase na sede da Fegamp en Santiago de Compostela ás 12.00 horas do día 11 de febreiro. No encontro participarán o presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, alcalde de Ferrol e os portavoces da asociación de municipios Alfredo García Rodríguez e Francisco García Suárez, alcaldes do Barco de Valdeorras e Allariz respectivamente.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios