lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

Os accesos ao monte San Vicente serán reparados

Baches en el entorno de San Vicente. (Foto: Toño Parga)
Baches en el entorno de San Vicente. (Foto: Toño Parga)

O Concello monfortino acabará nos próximos días cos defectos detectados na construción dos accesos ao conxunto monumental de San Vicente del Pino desde o campo da Virxe. Para iso utilizarase a fianza depositada pola construtora cando se comezaron os traballos. Logo de pasar o prazo de reclamación, a firma, Construcións Paraxe, non a demandou, e por iso a entidade bancaria onde estaba depositada solicitou ao Concello un número de conta para traspasarlla.

A contía do depósito para facer fronte a posibles defectos de obra ou malas intervencións é de 19.009,49 euros, cantidade coa que o Concello monfortino espera que se poidan liquidar todas as fochancas, roturas e buracos dos accesos, xurdidos a raíz do paso de vehículos pola contorna. O tráfico deu lugar a que varias pedras do pavimento que non estaban ben lastradas acabasen movéndose.

O Concello, nada máis coñecer os problemas no firme, realizou as xestións oportunas para reclamar unha intervención á empresa avalada por un informe do director da obra.

Consiga AQUÍ a información completa

Os accesos ao monte San Vicente serán reparados
comentarios