Os 4x4 toman os montes

O club focense Os Correcamiños 4x4 ten en marcha unha nova edición da súa Rota polos Montes da Mariña, na que participan preto de 400 vehículos entre todoterreos, motos e quads, segundo explica o presidente do colectivo, Francisco Javier Fanego.

A cita comezou xa o venres cunha cea de presentación no pavillón do colexio Martínez Otero de Foz e o sábado tiveron que madrugar para saír ás oito e media da mañá da chaira do porto, desde onde partía a ruta que nas seguintes horas transcorreu polos concellos de Foz, Lourenzá, Alfoz, Cervo e O Valadouro.

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios