López-Chaves di que unha faísca ao soldar puido causar o lume en Freiremar

O presidente do Porto de Vigo afirmou que a nave se estaba reformando nese momento co obxecto de facer almacéns de frigoríficos para túnidos

O presidente do Porto de Vigo, Ignacio López-Chaves, sinalou este luns que a primeira hipótese que se manexa como orixe do lume rexistrado na nave de Freiremar é que unha faísca mentres se realizaba un traballo de soldadura puido ser a causa desencadeante.

Informou, en declaracións á prensa, de que a nave se estaba reformando neste momento co obxecto de facer almacéns de frigoríficos para túnidos.

Ao redor do edificio preso das chamas, que actualmente pertence á empresa Frigalsa, despregouse este luns un amplo dispositivo policial, que inclúe o corte das rúas Beiramar, Jacinto Benavente e outras adxacentes.

Ata o lugar mobilizáronse efectivos do corpo de bombeiros que se atopan realizando os labores de extinción.

Comentarios