Localizan a un matrimonio e a súa filla tras perderse nas Fragas do Eume

O envío das coordenadas da localización da familia a través do WhatsApp permitiu atopalos

Un matrimonio e a súa filla de sete anos foron localizados sans e salvos na noite do xoves tras perderse nas Fragas do Eume, no municipio coruñés de Monfero.

Segundo informou o 112 Galicia, foi o pai da menor quen, ás 22.00 horas do xoves indicou ao servizo de urxencias que se atopaban ben, pero que non sabía onde estaban.

Grazas ao envío das coordenadas da localización a través do WhatsApp, a petición do persoal do 112 Galicia, a Garda Civil puido localizados, destacan as mesmas fontes.

Tras recibir a chamada de alerta, por parte do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración da Garda Civil e de Protección Civil de Pontedeume.

comentarios